O encontro Cultura y Ciudadanía, evento organizado polo Ministerio de Cultura, reúne cada ano a profesionais do sector cultural, institucións e cidadáns para reflexionar sobre o papel da cultura como motor de cambio social. En Galiza Emocional participamos na súa X edición a finais de setembro do 2024, celebrada en Compostela, no noso barrio!!:
Nunha mesa redonda, no espazo expositivo, facendo dous pases do audiopaseo San Pedro - Manual de Instruccións e organizando a festa de clausura da man de El Cinorrio (tamén participantes). Esta última foi un encargo moi especial: Mesturar as Festas do barrio de San Pedro (anfitrión) coas festas de San Pedro de Villanueva de la Vera (Extremadura). Unha auténtica love story que culminou nun intercambio cultural en forma de triple programa chamado A NOITE DE SAN PEDRO!:
- Un Sainete Itinerante: Percorrido teatralizado polo barrio, escrito a catro mans e formado polos continxentes extremeño e compostelá, acompañados por habitantes e participantes (Si. Tamén por cabras veratas e vacas autóctonas. Ollo á imaxe!).
- Unha Orquestra Trasterminante: Pura psicodelia sonora e sideral de mestura dos folklores das dúas comunidades.
- Unha Folk-Liada: Músicas dos dous San Pedros fusionándose de xeito improvisado, aderezados pola alegría e os bailes partillados.
Un bo "polbo á feira con pementón da Vera" e moito máis!
+info en Galiza Emocional
(Foto cedida por María - El Cinorrio)