Despois da experiencia do audiopaseo San Pedro: Manual de instrucións, e aproveitando a sinerxia coa Asociación Extramundi, chegou este experimento que tenta corrixir a teima de que os paseos sonoros, ao dependeren da escoita, non son plenamente inclusivos.
E de aí xorde PARADOXO: un videopaseo inclusivo feito en língua de signos.
Pensado para ser realizado nun lugar moi concreto: un tramo do Camiño do Norte que transcorre na saída de Vilalba cara Santiago de Compostela.
Trátase dunha peza audiovisual realizada nun único plano secuencia, de xeito que a espectadora visualiza a peza audiovisal nun dispositivo móbil, acompañando os movementos de cámara do filme co seu dispositivo, xogando a estar diante dunha realidade aumentada.
A peza está feita en Lingua de Signos Española, e está subtitulada a nove idiomas.
O acceso a Paradoxo realízase mediante descarga ou streaming a través dun código QR que está no inicio do traxecto, e nos albergues e oficinas de turismo das vilas previas á zona do camiño na que se enmarca.
Dirección: Marcos PTT
Cinematografía: Lucía Estévez.
Música: Nacho Muñoz
Protagonista: Ana Senra, divulgadora, artista e dinamizadora da comunidade xorda.
Danza: María Roja e Fernando Martínez.