Primeira experiencia da Orquestra Exploratoria, realizada no Centro Veciñal e Cultural de Valadares en Vigo, co gallo do segundo aniversario do Banco de Tempo de Valadares e en colaboración co espazo de residencias Alg-a Lab.
Tras 8 sesións de traballo, preparamos un concerto/performance coa agrupación coral da zona Cantareiras do Alba, incidindo no traballo a nivel melódico e rítmico na procura de lugares comúns entre a electrónica e a música tradicional da zona. O concerto tivo lugar no auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valadares, cunha masiva asistencia de público e veciñanza da parroquia.
Fichero
Audio ficheiro
/sites/default/files/audios/2024-05/AUD-20231215-WA0001.mp3
galizaemocional@gmail.com
nacho