Encomenda da galería de arte Espaço Mira, situada no barrio de Miraflor en Campanhã, Porto. No marco da creación da cartografía interactiva Mapa Emocional de Miraflor, facilitada por Galiza Emocional, a Orquestra de Miraflor plantexouse coma unha actividade complementaria á do Mapa, presentado nas galerías do Espaço Mira coa asistencia do presidente da Cámara do Porto Rui Moreira.
No proceso de creación da obra sonora participaron a Orquestra Comunitaria de Campanhã, cantoras do Rancho da Corujeira e dúas integrantes da Oficina de Danças Urbanas do local da Associação Malmequer, onde celebrouse o evento cunha notable asistencia de público.
Fichero
Audio ficheiro
/sites/default/files/audios/2024-07/miraflor.mp3
galizaemocional@gmail.com
Nacho