Un Proxecto de Outonía Cooperativa.
Durante o outono do 2024, mergullámonos no río Sil, ao seu paso por Petín, Vilamartín, A Rúa e O Barco de Valdeorras. Alí levamos a cabo un proceso artístico comunitario, da man das compañeiras de Outonía Cooperativa. Durante catro sesións, fixemos memoria e lembramos as historias de vida das mulleres que participaron. Arredor da auga, do río e da súa importancia como vertebrador da vida e a sociedade, aprendemos a facer cianotipias sobre as mesmas teas e sábanas que noutrora foron lavadas no río e reflexionamos sobre o tempo e o traballo feminino, os saberes que gardan as mulleres en relación co seu medio.
Paralelamente gravamos unha curta documental sobre a memoria e o propio proceso artístico.
Audio ficheiro
/sites/default/files/audios/2024-07/silent_8.mp3
galizaemocional@gmail.com
Nacho